O Goberno galego prevé levantar o peche en case toda a Mariña agás en Burela ou "algún outro" concello máis

(Foto: Marta Fernández Jara)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feiixoo, ratificou, após a reunión semanal do seu Executivo, que, se o valida o comité clínico esta sexta feira, procederase a levantar o peche dos accesos en case toda a comarca da Mariña agás en Burela e, se o aconsellan as últimas cifras, algún outro concello máis afectado polo brote do coronavirus.

"O lóxico é manter a restrición de mobilidade só en Burela ou nalgún municipio máis en función dos positivos. Veremos os resultados das PCR de hoxe", indicou Feiixoo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Nela, incidiu en que Burela concentra 80% dos casos positivos --"unha boa noticia desde o punto de vista da saúde pública, porque se está acertando nos contactos"-- e defendeu que o obxectivo é manter durante o "mínimo tempo posíbel" a limitación xenérica na zona dun dereito fundamental como é o de moverse en liberdade.

A proposta que analizará o comité clínico pasa, iso si, por manter nos 14 concellos da zona a obrigan de usar máscara e os límites de aforamentos fixados.

Dita proposta, pendente de coñecer os datos desta sexta e de que a validen os técnicos do comité clínico, volverá ser revisada dentro de cinco días.