DENUNCIA DA CIG-ENSINO

A Xunta non ingresou o diñeiro para o gasto dos comedores escolares do primeiro trimestre

comedor escolar

A central nacionalista esíxelle Consellería de Educación que faga inmediatamente o ingreso aos centros que prestan este servizo

 

A estas alturas do ano, cara mediados de decembro, a Consellaría de Educación continúa sen facer efectivo aos centros educativos o pagamento do gasto dos comedores de xestión directa correspondente ao meses de setembro, outubro, novembro e decembro. CIG-Educación lembra que “este é un problema que xa xurdiu en cursos anteriores e que en lugar de quedar solucionado agrávase”.

A central nacionalista exixe á Consellería que faga con carácter inmediato o ingreso económico aos centros que prestan servizo de comedor escolar, xa que parte deles están “debendo cartos aos provedores e outros, se nesta semana non se lles ingresa, estarán en números “roxos”. A CIG-Ensino  demanda ademais que se tomen as medidas necesarios para que os pagos se fagan co inicio do curso.

“Á Consellería non lle chega con incrementar os prezos de maneira desorbitada polo uso do comedor e reducir o número de comensais con dereito á gratuidade, senón que tamén amosa unha desidia absoluta en relación ao seu funcionamento”.