Social

A Xunta adquiriu 12.000 máscaras defectuosas, que tivo que inmobilizar

Lotes de EPIs distribuídos polo Goberno galego (Xunta).
As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia.

A Xunta tivo que inmobilizar na súa plataforma de distribución, antes de ser remitidas a ningunha das áreas sanitarias, 12.000 máscaras de protección que non cumprían coas especificacións requiridas para ser utilizadas contra o coronavirus.

Dado que estas máscaras foron adquiridas polo Executivo galego e non polo Goberno estatal, foi a Xunta a que, segundo dixo, "inmediatamente" interpuxo unha reclamación ante o provedor para exixir que se repoñan as mesmas unidades nas condicións exixidas.

As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou dque non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia

As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia.

Trátase, en concreto, do modelo Elite EB09.04 (FFP3) e dun lote das KN95 Mask Purvigor (FFP2). O Servizo Andaluz de Saúde informou tamén a pasada terza feira de que algunhas destas máscaras foran adquiridas e distribuídas alí e procedeu a retiralas.

No caso da Galiza, fontes do Sergas precisaron a Europa Press que, efectivamente, detectouse un lote de 12.000 máscaras que non cumprían os criterios exixidos e que se atopaban na plataforma de distribución da Xunta. Por iso, foron xa inmobilizadas e non chegaron ás áreas sanitarias para o seu uso.

Máis de 200 sanitarias contaxiadas polo uso de máscaras "defectuosas"

Cómpre lembrar que a pasada sexta feira o Sergas recoñecía aos sindicatos na Comisión central de seguridade e saúde que habíai 1.233 traballadoras do Sergas contaxiadas polo coronavirus e situou nunhas 240 as afectadas con positivo en COVID-19 polo uso das máscaras de protección defectuosas que foron retiradas após a realización de máis de 5.000 probas a usuarios destas.