A Xunta habilita a declaración de autotest positivo a traves da súa aplicación móbil

Test de antíxenos positivo. (Foto: Nós Diario)
Co novo protocolo Covid, a Xunta xa non contabiliza nas estatísticas os autotests positivos.

A Consellaría de Sanidade habilitou a declaración de autotest positivo de Covid-19 a través da aplicación Sergasmóbil e do número de teléfono 881540045.

Segundo informou Sanidade nun comunicado de prensa, a cidadanía terá así á súa disposición dúas modalidades para poñer en coñecemento do Sergas o resultado positivo dun  autotest Covid-19.

Respecto diso, concreta  Sanidade, as persoas que obteñan un resultado positivo despois da realización dun autotest poderán comunicalo "dun modo áxil e cómodo ao Servizo Galego de Saúde (Sergas)".

Porén, estes autotests positivos non contabilizarán nas estatísticas de contaxios, debido ao novo protocolo que aplica a Xunta para a detección e notificación de casos.

No último informe da situación da pandemia na Galiza, a Consellaría de Sanidade notificou 1.243 novos contaxios, na súa gran maioría poboación vulnerábel, xa que o Sergas euxiy de realizar probas diagnósticas á poboación en xeral.

Novos contaxios

Esta semana comeza con 502 novos casos de Covid nas últimas 24 horas tras rexistrarse 1.243 novos contaxios desde o sábado. 

Por tanto, os contaxiados ascenden na Galiza até 605.147, dos que 137.100 corresponden á área de Vigo; 125.297 á da Coruña e Cee; 95.927, á de Santiago e Barbanza; 73.482 á de Ourense; 69.189, á de Pontevedra e O Salnés; 66.479 á de Lugo; e 36.803, á de Ferrol.

Esta fin de semana pasada realizáronse 2.531 PCR, 3.883.048 feitas desde o inicio desta pandemia, e 2.685 test de  antígenos, 1.737.011 en total.