A Xunta prevé que a estación intermodal de Vigo estea operativa en verán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez (Nós Diario)
A conselleira de Mobilidade e a concelleira de Urbanismo de Vigo confrontaron polo "polémico" PXOM que o Goberno local de Vigo aprobou "sen diálogo nin consultas".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, afirmou que a Xunta prevé que a estación intermodal de Vigo estará dispoñíbel e operativa en verán deste mesmo ano, e que as obras están actualmente en 90% de execución.

Nunha entrevista recollida por Europa Press, Vázquez detallou que ao remate do primeiro trimestre do ano o edificio de pasaxeiros e os túneles de acceso dos que se encarga a Xunta estarán rematados.

Xa no mes de maio será a quenda para os accesos que dependen do Concello de Vigo, ao que a conselleira lle pediu "celeridade" para que a estación estea lista para verán.

A titular de Mobilidade tamén cargou contra o Goberno local pola "chapuza" da planificiación do Plan Xeral de Ordenamento Xurídico (PXOM) de Vigo, que conta con "gravísimas deficiencias" e "erros", segundo afirma Vázquez.

Pide "explicacións" 

Ethel Vázquez asegurou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, debe dar "explicacións" polo proxecto do PXOM "unilateral" e "sen ningún tipo de diálogo nin consulta".

A conselleira referiuse ao informe desfavorábel que a Xunta redactou sobre o proxecto, e pediulle ao Concello que "rectifique.

A resposta do Goberno local non se fixo esperar, e a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lamentou que o "ton" de Vázquez mostre que a Xunta "só quere confrontar" cos socialistas vigueses.