Xunta elimina a autorización previa para a corta de piñeiros e eucaliptos en terreos protexidos

(Xan Muras)

A Xunta elimina a autorización previa administrativa para a corta de eucaliptos e piñeiros en terreos con protección especial, polo que só será necesaria unha declaración responsábel para facelas.

O Diario Oficial de Galiza (DOG) publica a orde conxunta das consellarías de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas pola que se aproban os novos pregos de condicións.

Asçi, o Goberno galego prevé que se presentarán 15.000 declaracións responsábeis que antes debían tramitarse como autorización. As especies afectadas en terreos con algún réxime de protección ou por lexislación de protección de dominio público son: eucalipto, piñeiro galego ou do país, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón e acacia negra.

De tal forma, a partir de agora non será necesario obter informe previo do órgano sectorial competente co fin de axilizar trámites, segundo destaca o Goberno galego.