A Xunta designa dous peritos para o sinistro do Porriño que foran cuestionados en Angrois 

Accidente tren O Porriño

O goberno galego destina os enxeñeiros Juan Carlos Carballeira Rifón e José Manuel Lamela, sinalados polo seu papel na causa xudicial do Alvia, segundo informa Europa Press. 

A Xunta designou os mesmos peritos que foron cuestionados polo seu traballo no sinistro ferroviario en Angrois para investigar as causa do sinistro no Porriño. Os enxeñeiros Juan Carlos Carballeira Rifón e José Manuel Lamela, ambos funcionarios da administración autonómica, resultaron os elixidos para participar na apertura e extracción da caixa negra e a posterior inspección dos restos do 'tren Celta', segundo informa Europa Press.

A nomeamento prodúcese despois da solicitude por parte do Xulgado de instrución número 2 do Porriño, encargado da causa, de técnicos para realizar os rexistros. Os dous peritos foron criticados polo seu papel na causa do sinistro do Alvia no barrio compostelán de Angrois tanto polas asociacións de vítimas e pola defensa do maquinista. Así consta no escrito que remitiu a Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza ao xulgado instrutor, recollido pola axencia.

O rexistro da caixa negra permitirá coñecer a velocidade do convoi, as distancias que percorreu e as sinais que recibiu.

O traslado dos vagóns, que xa foron retirados do lugar do sinistro, aprazarase até que os peritos finalicen a inspección. Mentres, a Comisións de Investigación de Accidentes Ferroviarios, dependente do Ministerio de Fomento, continúa coa súa investigación das causas. No análise da caixa negra estarán presentes tamén técnicos de Renfe, ADIF e Comboios de Portugal. 

O rexistro da caixa negra será fundamental para determinar os motivos do descarrilamento do tren Celta no Porriño. Esta revelará a velocidade do convoi, as distancias que percorreu e as sinais que recibiu. Porén, non haberá rexistros de son na cabina, só das comunicacións co posto de mando de Ourense.