A Xunta cualifica para este 2016 un total de 67 parroquias como de alta actividade incendiaria

Lume no Barco de Valdeorras

Establece unha vixiancia especial sobre estas zonas, fixadas en base a criterios como o número de lumes, a súa vilurencia ou as hectáreas arrasadas. Cernado (Manzaneda) lidera esta última categoría, con 5.419 Has nos últimos 10 anos.

A Xunta considera que de cara a esta temporada de incendios en Galiza hai un total de 67 parroquias de alta actividade incendiaria, áreas sobre as que establecerá unha vixiancia especial. Ourense mantense, máis un ano, como a provincia con máis parroquias na listaxe, con máis do 60%, 42 de 67. Séguenlle Pontevedra, con 14; A Coruña, con 9; e Lugo, con 2. Esta ano pasaron engrosar esta táboa 8 parroquias, entre ellas a de Tállara (Lousame), Muñís (Navia de Suarna) ou Cudeiro (Ourense). Mpola contra, 19 parroquias abandonaron a listaxe.

Á hora de fixar estas parroquias, os empregos utilizados van desde o número e reiteración de incendios (un mínimo de 7 nestes 5 anos) até a virulencia dos mesmos (GVI), e tendo en conta as hectáreas afectadas polos lumes na última década.

De nos cinxir ao número de hectáreas afectadas polos incendios nos últimos 10 anos, a parroquia de Santa María de Cernado, no concello de Manzaneda, encabeza a táboa, con 5.419. Séguelle Camba (Laza), con 2.891 Has, e Mourentán, no municipio de Arbo, onde nestes dez anos arderon 2.066 hectáreas.

Por número de incendios, nestes últimos 5 anos onde máis houbo foi en O Pereiro (A Mezquita), con 111, unha media de máis dun por semana. A continuación figura San Xoán de Carballo (Carballo), con 108 e Santa María de Tomiño, con 88.