Denuncia de Adega

A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

Un visón nunha granxa de cría. (Foto: WWF)
Adega afirma que 4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en foron autorizadas despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado.

 

A propia Xunta, sinala Adega, achegou información en resposta a unha reclamación de Adega dando conta do estado das granxas de visón americano no noso país, ante o risco de de que estas instalacións poden contribuír á expansión de novas cepas de Covid-19

Na listaxe de granxas arestora activas figuran 4 instalacións con data de alta posterior a marzo de 2016. “Daquela, unha sentenza da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo anulaba o apartado 2º da disposición adicional 6ª do Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, que regulamenta o Catálogo español de especies exóticas invasoras".

As 4 granxas que segundo a Xunta foron autorizadas con posterioridade a marzo de 2016 están en Abegondo (22-9-2016), A Baña (30-1-2019) e Oza-Cesuras (1-6-2018) e Agolada (5-11-2018)

Este apartado da norma, sinala a organización ambientalista, "facía referenza á posibilidade excepcional de autorizar o aproveitamento gandeiro de especies invasoras, establecendo ademais que para o visón americano (Neovison vison) non se poderían abrir novas granxas nin ampllar as existentes nos territorios nos que está presente o visón europeo (Mustela lutreola)”.

En Galiza, explica Adega, e ao contrario de por exemplo en Euskadi ou Navarra, a especie europea non está presente polo que antes deste fallo podían instalarse novas granxas e ampliar as xa operativas.

“Porén, ao derrogar esta apartado, o Supremo eliminou todas as excepcións para o aproveitamento de calquera especie invasora en todo territorio do Estado, incluido por suposto o visón americano, polo que as granxas abertas ou ampliadas logo de marzo de 2016, serían ilegais”.

As 4 granxas que segundo a Xunta foron autorizadas con posterioridade a marzo de 2016 están en Abegondo (22-9-2016), A Baña (30-1-2019) e Oza-Cesuras (1-6-2018) e Agolada (5-11-2018).

Desde Adega preguntaron xa á Xunta  polo actual estatus destas 4 granxas e as medidas que pretende tomar para acatar ao fallo do Supremo.