Xulio Abalde, novo reitor da Universidade da Coruña

O catedrático de microbioloxía, e candidato de Nova Luce foi o gañador das eleccións ao se impor por 3.445 votos ponderados a Dabiel Pena, que logrou 2.805.

O catedrático de microbioloxía, Julio Abalde, é o novo reitor da Universidade da Coruña logo de vencer nas eleccións á reitoría coa candidatura Nova Luce. O profesor substitúe no cargo a Xulio Armesto. Abalde obtivo un total de 3.445 votos ponderados mentres que o candidato Daniel Pena logrou 2.805 votos. A participación nas eleccións fora dun 94% no Persoal Docente Investigador doutorado, dun 75% no resto dos PDI, dun 26% entre o estudantado e dun 88% no Persoal de Administración e Servizos.