Xuízo 'Nóos': Fiscalía, Facenda e defensa queren que se exculpe a infanta Cristina

O fiscal, Pedro Horrach, afirma que manter a acusación por delito fiscal contra Cristina de Borbón é unha “discriminación ilexítima”.

A infanta Cristina, o seu marido, Iñaki Urdangarín, e 16 persoas máis están acusadas nun caso de saqueo de 6 millóns de euros de cartos públicos, caso que comezou a xulgarse esta segunda feira en Palma de Mallorca. Tanto Fiscalía como Avogacía do Estado apostaron nos seus argumentos en soster que a infanta non podía ser xulgada como cooperadora necesaria dos delitos fiscais dos que se acusa o seu marido. Que vaia ser xulgada supón, para o fiscal Horrach, quebrar a doutrina emanada até agora polo Tribunal Supremo e unha discriminación non xustificada.

O avogado de Cristina de Borbón insistiu en que se debía aplicar á infanta a 'doutrina Botín, que impide xulgar unha persoa por delito fiscal se Fiscalía e Avogacía do Estado non exercen acusación. O fiscal solicitou, en virtude da 'doutina Botín', que o tribunal decrete a falla de lexitimación para pedir a apertura de xuízo oral por delito fiscal contra a infanta.

Felipe VI non recibe a presidenta do Parlament

Carme Forcadell, presidenta do Parlament, comuniciou oficialmente ao rei español a investidura de Carles Puigdemont como novo presidente de Catalunya. Unha comunicación que fixo por escrito, a petición da Casa real. Na noite do domingo, o Parlament solicitou audciencia “polos condutos habituais” con Felipe VI para que Forcarell comunicase esta segunda feira presencialmente ao Borbón o nomeamento. Mais a secretaría da Casa real española enviou un escrito ao parlament no que solicitaba que a comunicación se fixese por escrito.