A xuízo a loita contra a planta de asfalto en Xinzo da Limia

Concentración contra a planta de asfalto de Parada de Ribeira, en Xinzo da Limia (Imaxe: Non á planta asfáltica).

Na segunda feira a Sala del Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense acolleu o inicio do xuízo que enfronta ás veciñas de Parada de Ribeira, pertencente ao concello de Xinzo da Limia, contra o consistorio, por permitir a actividade da planta asfáltica da empresa Opain S.L. Nel testificaron veciñas, un arquitecto municipal, un ténico municipal, outro de medio ambiente e dous peritos.

Víctor Rodríguez, membro da plataforma Nón á planta asfáltica!, que agrupa as veciñas do municipio que loitan polo peche, explica a Nós Diario que fican por presentar as conclusións das partes por escrito "para que o xulgado dite sentenza".

Sete anos de loita

No verán de 2014 as súas habitantes tiveron noticia, a través da prensa, dunha solicitude da empresa Opain SL para a instalación dunha planta asfáltica nas inmediacións da aldea. Daquela as veciñas reuniron máis de mil alegacións, nas que denunciaban presuntas irregularidades. Entre elas, a proximidade a unha área especial de protección de aves ou aos fogares da aldea; a incompatibilidade da clasificación urbanística do solo ou a emisión de gases de efecto invernadoiro.

A empresa xa comezara as obras, sen a licencia pertinente, o que unido ás alegacións e á oposición veciñal forzou a Concello a solicitar a súa paralización cautelar. Paralelamente, o expediente do permiso de actividade continuou pola vía administrativa e, en 2017, finalizou coa concesión por parte do consistorio. A veciñanza denuncia que non foi informada desta decisión.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.