O xuíz procesa Willy Toledo por un delito contra os sentimentos relixiosos

Imaxe: Facebook CTXT

O actor Willy Toledo será xulgado por unha mensaxe de Facebook sobre Deus e a Virxe María nas que se cagaba en ambos os dous. O xuíz que ordenou a detención de Toledo decidiu procesalo por un delito contra os sentimentos relixiosos.

 

O actor fora denunciado por un grupo de avogados ultras após un comentario nas redes sociais onde criticaba o xuízo contra tres mulleres a raíz da procesión ‘da cona insubmisa’.