O xuíz do Caso Alvia rexeita todos os recursos

O maxistrado mantén que non concorren outras causas no descarrilamento do tren en Angrois máis alá do exceso de velocidade

Lago Louro, titular do Xulagdo de Instrución nº3 de Compostela, desestimou todos os recursos presentados en contra do peche da instrución polo sinistro do tren Alvia que tivo lugar o 24 de xullo de 2013 en Angrois e no que faleceron 80 persoas. O pasado mes de outubro, no auto co que deu por pechada a investigación xudicial, o maxistrado estableceu o maquinista, Francisco Garzón Amo, como único imputado polo sinistro. Doce representacións legais interpuxeron recursos en contra deste auto e agora, noutro auto, Lago Louro, en 32 folios, rexeita, un por un, a ducia de recursos- E faino botando man de argumentos comoque "o obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, senón exclusivamente aquelas que (...) permitan preparar o futuro xuízo oral". Este é un dos preceptos máis repetidos polo xuíz, ao que as distintas partes posicionadas na causa demandan novas probas e testificales. "O obxecto da instrución non é o de efectuar dilixencias, e cantas máis mellor", chega a apuntar. "Senón o esclarecemento duns feitos que revisten aparencia penal de cara á preparación dun futuro xuízo oral", agrega.

Tanto o avogado do maquinista como asociacións de vítimas xa amosaron a súa disconformidade e malestar co auto do xuíz, do que discrepan abertamente.