Xosé Luís Baltar ingresado por Covid-19

Xosé Luís Baltar.
O expresidente da Deputación de Ourense atópase no Complexo Hospitario Universitario de Ourense (CHUO) con diagnóstico de coronavirus.

Xosé Luís Baltar, de 79 anos e retirado da vida política, foi condenado en 2014 a nove anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación continuada en relación aos 104 contratos que asinou para a institución provincial entre os meses de xaneiro e marzo de 2010 sen dar publicidade ás prazas. Cando se abriu o procedemento xudicial, Baltar solicitou a baixa de militancia no PP, o partido agora preside na provincia o seu fillo, Xosé Manuel Baltar, igual que a Deputación de Ourense.