Unhas xornadas reflexionan sobre a identidade e as paisaxes nacionais nun mundo global

O seminario decorrerá o vindeiro 3 de abril na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Especialistas de varios países debaterán e analizarán a ligazón entre paisaxes e nación, a súa construción cultural e política ou como portexer as mesmas.

 “Nesta era global, as nacións sen estado teñen que loitar non só por un espazo político, mais tamén polo recoñecemento das súas propias paisaxes, que reflicten as súas construcións culturais e lingüísticas”. O vindeiro 3 de abril a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Composterla acollerá o seminario ‘Paisaxes nacionais nun mundo global’, organizado co apoio da Fundación Mauritus Coppieters.

Neste seminario participan expertos e especialistas de diferentes países. O obxectivo das xornadas, como indicaa organización, é reflexionar sobre a relación mutua entre a construción de paisaxes e nacións e as consecuencias políticas e culturais que poden se poden deducir diso nun contexto dun mundo global. Así, para as nacións sen estado, as paisaxes tenden a ser ligada ao ambientalismo, a reivindicación da súa identidade e a continuidade das zonas rurais (reivindicacións estas últimas ausentes en contextos de nacións estados). Como defender e protexer a multiplicidade de paisaxes asociadas á súa identidade sen ter unha administración de Estado?

Programa

9:30 - 10:00. Sesión de apertura co Vicerreitor de Comunicación e Coordinación da Universidade de Santiago de Compostea, José Pereira Fariña; o Decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; e o Presidente do Centre Mauritus Coppieters (CMC), Xabier Macías

10:00 - 10:45. Paisaxes e nacións como produtos culturais e políticos. Unha discusión focalizada no mundo global - Joan Vicente, Profesor Titular, Universitat de Girona

10:45 - 11:45. Cantas paisaxes nacionais posíbeis na Península Ibérica? A visión desde a Xeografía

O caso das Illes Balears: Onofre Rullan, Catedrático, Universitat de les Illes Balears

O caso do País Valencià: Josep Boira, Profesor Titular, Universitat de València / Secretario Autonómico de Vivenda, Obras Públicas e Vertebración do Territorio (Generalitat Valenciana)

12:15 - 13:15 Cantas paisaxes nacionais posíbeis na Península Ibérica? A visión desde a Literatura

O caso de Galicia: Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Profesora Titular, Universidade da Coruña

O caso do País Vasco: Paulo Kortazar, Investigador, Universidad del País Vasco

13:15 - 13:30 Debate

15:30 - 16:30 Mirando o contexto europeo: nacións sen estado e paisaxes, como preservalas no mundo contemporáneo?

Unha perspectiva desde Gales: Alan Sandry, Membro do European Institute of Identities, Swansea University

Unha perspectiva desde Galicia: Valerià Paül, Profesor Interino, Universidade de Santiago de Compostela

16:30 - 17:30 Planificación paisaxística

A visión desde Catalunya: Pere Sala, Coordinador do Observatori del Paisatge de Catalunya

A visión desde Galicia: Inés Santé, Directora do Instituto de Estudos do Territorio

17:30 - 18:30 Mesa redonda: consecuencias políticas da defensa das paisaxes nacionais Joan Vicente, Onofre Rullan, Alan Sandry, Valerià Paül, Pere Sala, Inés Santé Moderador: Rubén C. Lois, Catedrático, Universidade de Santiago de Compostela