Xornada de eliminación de flora exótica invasora na zona húmida de Baldaio

(Foto: Adega)

Voluntarios participaron nesta acción de Adega, na que tamén se procedeu a retirar lixo mariño desta zona de Carballo.

Un grupo de voluntarios tomou parte esta fin de semana na acción impulsada por Adega para eliminar fora exótica invasora na zona húmida de Baldaio, en Carballo, Concello que tamén colaborou na actuación.

A iniciativa enmárcase no proxecto medioambiental ‘Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e da flora da Costa da Morte’’. Con esta iniciativa, dá continuidade ao traballo que desenvolve desde hai anos a través de accións como a creación de ‘Microrreservas de Flora’ para a preservación destes ‘tesouros’ ambientais.

Entre a fauna invasora poden atoparse, estudando o exemplo de Baldaio, a margarida africana, a cana, a unlla de gato, a crocomia, o leste de Asia, a capuchina, a cala ou o plumeiro. 

Adega incide en que a participación activa da cidadanía é un eixo esencial deste proxecto xa que ela “é garante da conservación da biodiversidade, polo que se buscará incrementar o seu coñecemento e empatía co territorio”’.

 Con este obxectivo, levaranse a cabo actividades abertas ao público xeral tales como a eliminación de especias invasoras e limpeza de praias, saídas de campo guiadas ou varios bioblitz (eventos participativos de ciencia cidadá para rexistrar tantas especies como sexa posíbel nun lugar e durante un tempo determinados).

Ademais, como parte deste proxecto, Adega editará un tríptico sobre os hábitats e a diversidade da Costa da Morte e realizará xornadas formativas sobre as microrreservas da zona con persoal técnico ligado ás zonas de actuación.