Un xabaril ataca un home e déixao ferido nunha pista en Fornelos de Montes

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
O 112 Galiza puxo a situación en coñecemento dos bombeiros, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.

O ataque dun xabaril deixou ferido un home nun camiño de monte entre San Amaro e Freaza, na parroquia de Traspielas, en Fornelos de Montes (comarca de Vigo)

Segundo informou o 112, recibiu a alerta dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galiza-061.

Segundo indicaba na súa comunicación, o home estaba ferido e só nunha pista.

A intervención

Por iso, os sanitarios solicitaron a intervención de medios de rescate para sacalo do monte, perante a posibilidade de que a ambulancia non chegase á zona, de difícil acceso, na que se atopaba o ferido.

O 112 Galiza puxo a situación en coñecemento dos bombeiros, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.

Segundo a información facilitada ao 112 polos servizos sanitarios, uns amigos do ferido achegárono até o lugar onde se atopaba a ambulancia, na que foi atendido das feridas que sufriu nun brazo.

Así, quedou anulada a intervención dos medios de rescate mobilizados.