Willy Toledo non comparece perante o xuíz: "Non cometín ningún delito"

O actor comparece perante os medios acompañado por compañeiros como Javier Bardem e Leo Bassi o mesmo día e á mesma hora na que foi citado por segunda vez por un posíbel delito de  ofensa relixiosa.

O actor Willy Toledo apareceu nunha roda de prensa na parroquia de San Carlos Borromeo esta terza feira á mesma hora na que estaba citado no xulgado por un delito contra sentimentos relixiosos. Porén, a vista foi suspendida por mor da greve de xuíces e adiada ata o 28 de xuño.

 

Toledo estivo acompañado por actores como Javier Bardem e Alberto San Juan, así como humoristas como Leo Bassi, entre outros. O actor defendeu que  "non hai necesidade" de sentarse ante un xuíz por falar "dos meus sentimentos relixiosos ou a miña ideoloxía". "Eu creo que non cometín ningún delito e, polo tanto, non é necesario que compareza ante un xuíz para testemuñar sobre os meus sentimentos relixiosos,a miña ideoloxía, a miña sexualidade ...", dixo. Para el,  "todo isto vén dunha mal chamada transición e peor xestionada transición onde os poderes de Franco continuaron intocables, nas mesmas posicións”.

 

“O feito de que isto poida ser castigado coa prisión paréceme un atraso que nos leva ao franquismo ", dixo Javier Bardem, para quen a" sagrada" liberdade de expresión “está en perigo ".

 

O Tribunal de Instrución 11 de Madrid citou ao actor a declarar como investigado por  presuntamente insultar a deus e á virxe, após que o 18 de abril non acudise á primeira citación xudicial.