Entre os usuarios, Stephen Hawking ou Paris Hilton

Weibo, o clone que xa vale máis do que o orixinal

Weibo, a rede chinesa

Weibo comezou en 2009 como un clone do Twitter e desde esta semana vale máis do que o Twitter.

O valor de mercado da Weibo está agora en 11,35 mil millóns de dólares, mentres o Twitter está en 11,23. No inicio de 2014 o Twitter foi valorado en máis de 40 mil millóns.

Twitter non deixa de caer, unha vez que non consegue novos usuarios. Perdeu 5 millóns de usuarios activos mensuais nos últimos 12 meses, co rexistro actual en 313 millóns. Weibo, en contraste, está aínda en crecemento - agora en 282 millóns- e atraeu 70 millóns de novos usuarios activos o ano pasado.

As noticias dos últimos días confirman que o Twitter está a pasar un mal bocado e esta semana coñeceuse que a rede social xa vale menos do que o seu concorrente chinés, Weibo.

Aínda que este último chegase ao mercado case como unha versión chinesa do Twitter, a súa "forma" actual contrasta coa do sitio web norteamericano. Nesta semana, sete anos tras a súa creación, o Weibo ten xa un valor de mercado de 11,35 mil millóns de dólares. O Twitter, fundado en 2006, vale actualmente cerca de 11,23 mil millóns.

A pesar da diferenza ser residual, é de notar que, cando a páxina de microblogging chinesa se tornou unha empresa de capital público, en 2014, a súa valoración estaba por volta dos 3,4 mil millóns de dólares, un valor moi inferior aos números que eran, á data, asociados ao Twitter: 26,8 mil millóns.

Sete anos após a súa creación, o Weibo ten xa un valor de mercado de superior a Twitter e conta con usuarios usuarios que teñen máis de 80 millóns de seguidores


As accións do Twitter aínda subiron ao final do mes de setembro tras se comentar que varias marcas, Google, Microsoft ou Disney, estarían interesadas na súa adquisición, mais, en contrapartida, caeron despois de algunhas destas empresas anunciar non estaren interesadas.

O Weibo aínda rexistra un número de usuarios mensuais inferior ao do Twitter, mais, ao contrario deste, rexistrou, nos últimos 12 meses, un aumento de 70 millóns de usuarios activos mensualmente.

Stephen Hawking ou Paris Hilton

Entre os usuarios de Weibo está o astrofísico británico Stephen Hawking que tan só oito horas despois de abrir a conta xa superou o millón de seguidores. Tamén outas figuras de fama internacional entraron en Weibo para intentar chegar ao público Chinés, entre eles o fundador de Microsoft, Bill Gates, que conta con máis de tres millóns de seguidores. Tamén Hugo Boss ou Paris Hilton triunfan no Weibo.