Volve tremer a terra. Rexistrados dous sismos, un en Bueu e outro no Atlántico fornte ás Rías Baixas

Localización dos sismos (Foto: IGN).
O 112 Galiza non rexistrou chamadas para informar, pedir información ou "solicitar axuda de ningún tipo" respecto a estes movementos sísmicos matinais.

O suroeste do país rexistrou varios movementos sísmicos esta sexta feira, en concreto un cuxo epicentro foi no Atlántico, fronte ás Rías Baixas da costa galega, e outro tremor na localidade de Bueu.

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, ás 08.29 horas, tivo lugar un sismo na localidade de Bueu (comarca do Morrazo) que alcanzou unha magnitude de 1,9 na escala de Richter, a un quilómetro de profundidade.

No Atlántico

Minutos despois, ás 08.47, produciuse un terremoto de magnitude 2,2 na zona do Atlántico, fronte á costa de Pontevedra, cunha profundidade de 19 quilómetros.

O 112 Galiza non rexistrou chamadas para informar, pedir información ou "solicitar axuda de ningún tipo" respecto a estes movementos sísmicos matinais.