Volve o caderno 'Máis' coa información máis fresca da tempada estival
Un ano máis, co verán, o sol, a calor, a praia, as festas... volve con Nós Diario o caderno Máis, un suplemento cos contidos máis frescos e enfocados ao lecer. A partir da terza feira 2 de xullo e até o último sábado de agosto, Nós Diario incluirá oito páxinas cos mellores eventos e contidos para amenizar este verán.
A capa do Máis estará protagonizada polos principais festivais e festas populares e tradicionais, a comezar 42ª edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (O Morrazo), entre o 22 de xuño e o 6 de xullo. Ao longo de 15 días, o Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, xunto con catro escenarios nas rúas e prazas, acolle 26 espectáculos que inclúen danza, teatro de rúa, performance, circo e dramaturxia contemporánea.
A segunda páxina estará dedicacda á sección de entrevistas 'De bares con Nós', que consistirá nunha entrevista cada día a un local de hostalaría que ofrece este xornal á súa clientela. O obxectivo será coñecer o local, o que ofrece e o que o distingue. Unha sección que comeza coa Riala, na zona de viños da Estrada (Tabeirós-Terra de Montes), onde naceu hai dous anos esta taberna que ten a cultura por bandeira.
Na páxina 3 achegáremonos ás fervenzas, os muíños, as praias, os pazos e as casas das escritoras e escritores máis singulares do país. Pola súa parte, na páxinas centrais (a 4 e a 5) contaremos con reportaxes e entrevistas sobre temáticas de actualidade e relacionadas co verán.
Non faltará no Máis unha das seccións que espertan máis interese por parte das persoas lectoras, os pasatempos de Xoán Costa e Xerardo R. Roca, que este ano virán con novidades e co concurso "Canta paxariño, canta!", con diversos premios para as persoas que os resolvan. O Máis, ademais, tamén incluirá a Axenda, cos eventos que decorrerán este verán ao longo do país.
Un verán con Castelao
Ademais, na contra virá cada día un dos relatos gañadores do certame literario Un verán con Castelao, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e Sermos Galiza S.A., que vén de facer públicos os resultados da súa edición 2025. A iniciativa, dirixida ao alumnado do ensino secundario galego, procura fomentar a creatividade en lingua galega e achegar as novas xeracións á figura e pensamento de Castelao.
Nesta edición participaron perto de cen autores e autoras. O xurado, composto por Martin Pawley, colaborador de Nós Diario, e Tensi Xesteira, crítica literaria do semanario Sermos Galiza, avaliou os traballos segundo cinco criterios: tratamento da figura de Castelao, calidade literaria e estilo narrativo, corrección lingüística, creatividade e orixinalidade e capacidade de evocación e impacto.
Os 45 relatos escollidos serán publicados diariamente nos meses de xullo e agosto na edición impresa de Nós Diario, no caderno de verán Máis, abrindo unha fiestra diaria á creatividade da mocidade.
A continuación detállase a lista de relatos seleccionados coa autoría correspondente:
- As dúas de sempre, Brezo Verea Nieto.
- Aqueles que non soñan máis que cando durmen, R. Moragh Rodríguez Craven.
- O pai de Nidal, María Blanco Iglesias.
- Nacín na mesma terra ca ti, Liu Lens Lojo.
- Os nomes que non dixeches, Lidia Manzanera Fachado.
- O caderno do exilio, Antía Vidal Gómez.
- O ollo de vidro que nada ve, Silvia Álvarez Penín.
- A lembranza de Lela, Carla Rey Batalla.
- A memoria dos afogados, Celia Rey Losada.
- Cousas e arquivos, Mariela Gonzalez Morano.
- As aulas baleiras, Salma Touriño Fernández.
- A noite das historias da avoa Virxinia, Aroa Pantín Neira.
- Letras entre amigos, Aldara Rodríguez Rodríguez.
- Non deixes que o mundo apague a túa luz, Dalia Dopico Rodríguez.
- O pai de Migueliño, Lucía Gil Batalla.
- O esquecemento dos cantos, Lucía González Viana.
- O derradeiro debuxo de Castelao, Oscar Martinez Fernández.
- O mundo secreto de Castelao, Iago Neira López.
- A derradeira viaxe de Rafael e Castelao, Hugo Pérez Magariños.
- Aquel verán, Naomi Rodríguez Fariño.
- Cartas para ninguén, Xavela Barreiro Rodríguez.
- Castelao en chancletas, Ainoa Penas Rosa.
- O soño de Bieito, Breogán Vilasoa Triñanes.
- FálaNOS de Castelao, Jimena Dominguez García.
- A luz que volve dende Rianxo, Andrea Fungueiriño Romay.
- Diario dunha longa viaxe, Ana Vieitez Conde.
- Nunca choveu que non escampara, Rita Castiñeiras Suárez.
- Crime no bar Castelao, Pablo Rodríguez Rodríguez.
- O lapis que pensa, Lucía Bermúdez Alcalde.
- O verán no que coñecín a Castelao, Imane Oubella.
- Unha viaxe entre séculos, Clara Fernández Ordóñez.
- Castelao e o neno gazatí, Sabela Rial Rego
- A última viaxe de Castelao, Hugo Seoane Monterroso.
- A ponte dos soños, Mateo Freiría Lorenzo.
- Amar non esquece, Carmela González Patiño.
- Entre debuxos e sombras, Tania Castaño Alcalde.
- O camareiro, Mencía Rodíguez Lorenzo.
- Un verán con Castelao, Damián Rodríguez.
- Unha serea na nosa bandeira, Candela Xamardo Resúa.
- Leonor, Aroa Leira Morado.
- E ti sabes quen é Castelao, Andrea Adán López.
- Melide, inverno de 1946, Belén Blanco Rodríguez.
- Ramón Carballo, Noa Abellán López.
- Oito noites, Lucía Davila Galbán.
- Por obra e graza, Rebeca Dobaño Fernández.
A organización agradece a extraordinaria acollida da convocatoria e o entusiasmo co que o estudantado galego respondeu a este convite creativo.