Camiño da ‘normalidade’: ocupacións ao 90% a partir deste sábado

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Europa Press)

En comercios e hostalaría. O Diario Oficial de Galiza especificará as normas concretas para cada actividade.

Galiza mete pé e medio na denominada ‘nova normalidade’. O conselleiro de Sanidade, García Conmesaña, avanzou esta terza feira as medidas que avaliou o comité clínico, que entrarán en vigor a partir deste sábado, 9 de outubro, e que se caracterizan por una ampliación das ocupación en interiores do 90%, agás excepción concretas. O DIOG recollerá as normas concretas para cada unha das actividades.

En hostalaría os grupos amplíanse a un máximo de 10 persoas en interior e 20 en exterior. No que atinxe á ocupación, os locais que teñen unha  cunchiña pasan do 50 ao 75 % en interior, e do 75 ao 90 % en exterior. Naqueles que tiñan dous  cunchiñas aumenta do 75 ao 90 % en interior e mantense o 100% en exterior. No que respecta ao lecer nocturno non se aplica ningún cambio respecto ao decidido a última vez.

Tamén aumenta de 75% a 90% a capacidade para as actividades en interiores en comercios e academias. Elimínase o límite de grupos para realizar actividades, por exemplo, nos ximnasios.

No caso dos espectáculos musicais e artísticos con público sentado -tanto en recintos interiores como ao aire libre- poderán ampliar a capacidade de público do 75 ao 90% de aforo.

No caso de desenvolverse estas actividades con público de pé, establécese un máximo do 50% para o interior, e amplíase do 33 ao 66% se teñen lugar ao aire libre . Neste último caso, e sempre e cando se cumpranas ocupacións, suprímese a limitación máxima de 5.000 persoas que estaba establecida até o de agora.

No que atinxe ao transporte público, do 100% de usuarios sentados que xa estaba implantado, increméntase agora a ocupación de persoas de pé até o 75%. Nos caso dos albergues e hoteis a súa capacidade aumenta até o 75%;  e no que atinxe aos velorios tamén se verá ampliada a súa capacidade máxima actual, ao pasar dun máximo de 10 persoas a 20.

Porén,  o conselleiro tamén anunciou que esperará "15 días" desde a posta en marcha das novas medidas na desescalada para ver a evolución epidemiolóxica coa fin de, se se manteñen os indicadores favorábeis, ir a un "escenario de normalidade absoluta".

Explicou que, ademais, que no entanto manteranse medidas como o uso da máscara e a petición do certificado Covid nalgúns casos como até agora.