Voces galegas defenden en Bruxelas a auga como dereito público

A conferencia organizada por Ana Miranda, eurodeputada do BNG, reúne representantes de diversas plataformas galegas e representantes institucionais.

A auga é un dereito público, igual que o saneamento. Unhas cuestións en torno ás cales na Galiza existen diversas problemáticasque a eurodeputada Ana Miranda (BNG) leva a Bruxelas na voz das propias afectadas. Representantes de diversas plataformas galegas, como Ríos Limpos, Auga Limpa xa!; Salvemos o Támega; Pladever, Contra a Ampliación da EDAR dos Praceres; en Defensa da Ría de Vigo CIES; e Polo saneamento integral da Ria do Burgo, así como representantes locais, n esta quinta feira, na conferencia “O acceso á auga como dereito".

 

Esta xornada dará continuidade á sesión da Comisión de Peticións europea do pasado 21 de xaneiro na que se defendeu a pertinencia de seguir tratando os problemas que persisten na ría de Vigo e, sobre todo, na ría do Burgo. Miranda subliña que é chave “dar voz a diversos colectivos preocupados e afectados pola situación da auga en Galiza”, tanto no que se refire ás rías, os ríos e o saneamento no eido urbano e os problemas relacionados coa execución de fondos para a construción das EDAR.

 

Ademais dos problemas específicos de Galiza, a conferencia trata tamén o dereito á auga desde unha perspectiva europea. Pablo Sánchez Centellas, da Iniciativa Cidadá Europea polo dereito a auga (European Public Service Union), Veronica Mandredi, Directora para a calidade de vida (da Dirección Xeral Medio Ambiente da  Comisión Europea, DX ENVI); Peter Brotherton, de Living Rivers Coallition; Peter Gammelthof, Consultor experto en auga, ex director da Dirección Xeral ENVI; e Ruth Pérez, da Fundación da Nova Cultura da Auga; participan na mesma.

 

Durante 2018 a Comisión Europea iniciou a revisión da Directiva de Auga Potable (Drinking Water Directive, DWD) tendo en conta, por primeira vez, as demandas da Iniciativa Cidadá Europea polo Dereito Humán á Auga (ECI, Right2water), dereito recoñecido por Nacións Unidas.