Manifesto Abrolhar

Voces do ámbito sindical, cultural, social e político piden o arquivo da Operación Jaro

Imaxe: Natalia Porca

Denuncian a “montaxe política e xudicial” do operativo que decorreu a finais de 2015 e piden o arquivamento definitivo da causa que se mantén contra 9 independentistas. Políticos como o deputado Xosé L Rivas ‘Mini’, escritores como Fran P. Lorenzo ou Sechu Sende, músicos como O Leo e Marcos Payno ou profesores como Helena Miguélez Carballeira e Del Bosque Zapata, entre as persoas asinantes.

Co título ‘A sociedade galega contra a criminalizaçom das ideias e persecuçom do independentismo’ un manifesto vén se se dar a coñecer esta cuarta feira e que demanda o arquivamento definitivo da causa que a Audiencia Nacional mantén aberta contra 9 independentistas galegos a raíz da Operación Jaro. O ‘Manifesto Abrolhar’ está asinado por persoas de diferentes ámbitos, do sindicalismo á cultura, da política aos movementos sociais ou o feminismo. As persoas asinantes rexeitan “a montagem policial e judicial iniciada em 2015 contra umha organizaçom política e a sua militáncia com a pretensom de criminalizar e minorizar um posicionamento político digno e legítimo como é a constituiçom da Galiza em Estado”.

No manifesto exíxese tamén “o arquivo definitivo da causa penal aberta a nove independentistas galegas e galegos no tribunal sucessor do TOP da ditadura”, en referencia á Audiencia Nacional. O terceiro punto do documento recláma das autoridades españolas “o cessamento unilateral e imediato deste tipo de operativos repressivos cuja exclusiva finalidade é satanizar um projeto político e furtar à sociedade galega o debate livre, aberto e plural de ideias e perspetivas de País”. Por último, as persoas asinantes chaman a se sumar á manifestación que decorrerá en Compostela o vindeiro 23 de abril convocada polas nove persoas encausadas na ‘Jaro’.

Entre as asinantes figuran nomes da literatura como Fran P. Lorenzo, Sechu Sende ou Dani Salgado, debuxantes como Xosé L. González ‘O Carrabouxo’, historiadores como Dionisio Pereira, ou músicos como Caxade, Marcos Paino (Xenreira, Galegoz, Das Kapital), O Leo, Sime (Keltoi), Paulo Tobío (Skarnio, Liska) ou o cantautor Tino Vaz.

Persoas con responsabilidades políticas que asinan, como os deputados do BNG Xosé L. Rivas ‘Mini’ (Parlamento de Galiza) e Ánxela Franco (pleno da Deputación da Coruña), así como José Emilio Vicente, da executiva nacional do Bloque, ou Ana Pérez, secretaria de Igualdade de Podemos-Galiza. Activistas feministas como Paula Ríos, Ana Costoia, Eire García e Charo Lopes.

Tamén desde o sindicalismo se sumaron ao manifesto. Delegados da CIG como Xan Carlos Ansía ou Patricia Cordo asinan o documento, así como Laura Bugalho. Do eido do xornalismo e medios de comunicación asinan, entre outros, Xosé Mexuto (director do diario dixital Sermos Galiza)  Gustavo Luca de Tena, Zelia García (Galiza Contrainfo), Aarom Rivas (Novas da Galiza), Mauricio Castro (Diario Liberdade) ou Iria Méndez.

Persoas do ámbito da docencia como Helena Miguélez Carballeira, Henrique del Bosque Zapata; do deporte, como Ismael Romero, remeiro da traiñeira da Cabo de Cruz; dos dereitos civís, como Renato Núñez; ou Vázquez Souza (bibliotecario) e Luz Fandiño, tamén asinan o manifesto, que continúa aberto a quen quixer apoiar