Viveiro empuña a pa contra a degradación da súa praia máis identificativa

Imaxe: Susete Ferrol

A veciñanza empuñará caldeiros e pas nun acto simbólico de trasvase de area para denunciar a grave alteración que sofre este areal.

Viveiro resístese a que a súa praia máis identificativa, Covas, continúe a se degradar e que os remedios temporais propostos desde a administración para reverter esta situación estén acumulando retrasos tras retrasos. Por iso, desde o colectivo 'Salvar a praia de Covas' convocouse un acto simbólico para este domingo, 16 de outubro, no que con caldeiros e pas simularán un trasvase de area.

 As obras de dragaxe e protuarias que se levaron a cabo estes anos alteraron as correntes mariñas da zona, o que está a provocar entre outros efectos a perda de cantidades importantes de area nesta praia urbana da cidade do Landro. Perdas que se dan na zona de Os Castelos para se acumular no seu outro extremo, O Cembedo. A praia mide por volta duns dous quilómetros.

Unhas 2.000 persoas, segundo a organización, tomaron parte o pasado mes de xullo na xigantesca cadea humana que percorreu Covas para reivindicar a protección desta praia de Viveiro,.