Vítimas de violencia machista serán alertadas se os agresores son reincidentes

A instrución entra esta sexta feira en vigor. (Foto: Europa Press)
A medida estaba prevista desde decembro.

O Ministerio do Interior aprobou a instrución na cal regula o protocolo para alertar as mulleres vítimas de violencia de xénero se o seu agresor responde a un perfil de "persistente", que é como se coñece aos homes con antecedentes cara a parellas anteriores. 9,3% de agresores responde a este perfil e, en diante, poderase avisar á muller se constan de antecedentes nos últimos cinco anos.

A Instrución 1/2023, que entra esta sexta feira en vigor, consiste na regulación do sistema de alertas que se activará no caso de que os policías detecten un novo caso de violencia cara a unha muller por parte das súas parellas ou ex parellas -aínda que non formalice denuncia-, e cando o agresor teña antecedentes no Sistema de Viogén (que valora o risco de reincidencia) cunha antigüidade de até cinco anos. Excluiranse casos prescritos ou con sentenza absolutoria ou con auto de sobresemento.

Estas alertas son unha das medidas que prevía implementar o Ministerio do Interior desde decembro, mes no que aumentaron a un total de 11 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.