AFECTADAS AS MULLERES DE EX TRABALLADORES DO NAVAL

As vítimas colaterais do amianto

[Imaxe Navantia]

No nº182 do semanario en papel afondamos nas outras vítimas do amianto. 

Durante moitos anos, entre vinte e trinta, se cadra algún máis, varios centos de traballadores dos estaleiros ferroláns entraron en contacto directo co amianto, un material moi estendido en actividades industriais de todo tipo e tamén no sector da construción polas súas propiedades ignífugas e illantes e tamén –pois é un dos factores que contribuíron decisivamente ao seu espallamento- polo seu baixo custe. 

O uso deste produto axiña se xeralizou en toda canta actividade industrial existía malia que unha parte da comunidade científica xa sospeitaba que causaba morte

O uso deste produto, que fora introducido no Estado español por Catalunya grazas ao pulo dunha das súas familias máis poderosas e máis afectas ao réxime fascista de Franco, os March, axiña se xeneralizou en toda canta actividade industrial existía malia que unha parte da comunidade científica e dos poucos expertos en saúde laboral que existían na posguerra civil xa sospeitaban que a causa de doenzas mortais –o mesotelioma ou cancro de pericardio é a máis estendida, mais non a única- en operarios do sector industrial estaba na manipulación ou exposición ao amianto. 

Agora están a enfermar as mulleres que lavaban os buzos dos seus homes. 

Tes a íntegra desta reportaxe, da autoría de Xosé Fandio, no número 182 do semanario Sermos Galiza, desde esta quinta feira na rúa. Podes mercar o teu exemplar através da loxa virtual ou nos puntos de venda habituais.