Violencia machista: unha muller asasinada a coiteladas pola súa parella na Coruña

No barrio do Birloque, onde rexentaba unha panadería. A Policía busca a súa parella, presunto autor do feminicidio, e que ten antecedentes por violencia de xénero. 

(En ampliación)

Unha muller de 52 anos, M.M, foi asasinada presuntamente pola súa parella na Coruña. O seu corpo atopouno esta madrugada o seu fillo, segundo informaron fontes da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Os feitos producíronse na rúa Juan Darriba, no barrio coruñés do Birloque, precisaron fontes policiais, que explicaron que se tivo coñecemento dos feitos sobre as dúas da madrugada.

Así o indicaron tamén desde a Subdelegación do Goberno, que precisaron que foi o fillo da muller quen se atopou o corpo da súa nai con feridas de arma branca.

Ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, que se fixeron cargo da investigación, en concreto a Brigada da Policía Xudicial.

As fontes consultadas manifestaron que o fillo confirmou que a súa nai e a súa parella, de 49 anos, tiveran unha forte discusión hai uns días. Polo momento, non hai ningún detido nun caso que se vincula con violencia machista. Segundo a Radio Galega, a parella presenta antecedentes por violencia machista en relación a outras 2 mulleres. 

É o primeiro feminicidio este ano na Galiza.

O Concello da Coruña convocou esta quinta feira unha concentración, na praza de María Pita, ás 13:30 horas, en sinal de condena e rexeitamento pola asasinato.

De por parte desde Marcha Mundial das Mulleres anúncianse concentracións para este sábado ás 20 horas en cidades e vilas da Galiza.