A violencia machista deixa máis unha muller asasinada

O home contaba cunha orde de afastamento e suicidouse despois de matala en Cubillos do Sil (O Bierzo).

 

Máis unha muller asasinada pola violencia machista, desta volta no Bierzo. A Garda Civil foi alertada polo propio home, E.M.G. quen advertiu ao instituto armado pouco antes de se aforcar de que acababa de matala. 

A muller, E.N.G., foi asasinada dun forte golpe na cabeza cun obxecto contundente segundo informaron fontes da Subdelegación de Goberno e da propia Garda Civil. Embora o home contar cunha orde de afastamento que lle impedía aproximarse a ela a menos de 15 metros, arredor das 16.45 horas asasinouna. 

Con E.N.G. suman xa 29 as mulleres asasinadas no conxunto do Estado español no que vai de ano, segundo os dados publicados polo Ministerio de Sanidade. Cinco na Galiza.