Unha vintena de colectivos chaman a se manifestar o 24X pola República galega

“Rachar coa precariedade, rematar coa emigración” é a palabra de orde da manifestación independentista, convocada por organización xuvenís, centros sociais, colectivos, seareiros deportivos…

“Para sermos ceibes, coma clase e coma pobo: República Galega!”. O chamado final do manifesto conxunto dunha vintena de entidades convocando a se manifestar en Compostela o 24 de Xullo, nas vésperas do Día da Patria fala ás claras: a independencia como ferramenta coa que rachar co Réxime do 78.

 

Este ano hai novos convocantes e outros que non están. A mobilización do 24X que naceu hai cinco anos impulsada por organizacións xuvenís a favor da independencia mantense coa mesma reclamación mais actores diferentes.

 

“Dende o comezo da crise, 234.740 persoas marcharon do país, das cales case 115.000 foron mozas. A emigración bate na mocidade moito máis forte que en calquera outro colectivo, e vémonos obrigadas a marchar do país, como xa fixeran os nosos avós e avoas”, denúnciase no manifesto. Un escrito no que tamén se trata o desemprego xuvenil, a violencia contra as mulleres ou as agresión sao territorio, a cultura e a lingua do país.

 

Entidades convocantes: A Galleira, A Revolta, Associaçom Xebra, Briga, Brigadas Lucenses, Ceivar, Celtarras, Colectivo Nós, Erguer, Faísca, Fende Testas, Mocidade Granate Fundaçom Artábria, Fuscalho,  Gentalha do Pichel, Isca, Mádia Leva, O Quilombo, Sección Lololo e Tropas de Breogán