VigoHistórico atopa “incomprensíbel” que continúen as obras públicas durante a pandemia

Foto-denuncia de VigoHistórico (Foto: Nós Diario).

A asociación reclama que “pese a que o Real Decreto non prohibe expresamente a construción, o Concello faga como Madrid e Barcelona e restrinxa os traballos para eliminar focos de contaxio.

A asociación reclama que “pese a que o Real Decreto non prohibe expresamente a construción", o Concello faga como Madrid e Barcelona e restrinxa os traballos para eliminar focos de contaxio.

VigoHistórico denuncia que o Concello de Vigo continúa coas obras públicas durante a pandemia do Coronavirus no Xeral, Barrio do Cura, Gran Vía, Estación de Tren e o túnel de Elduayen.

“A construcción non é unha actividade de primeira necesidade nin imprescindíbel –din-, e a veciñanza pode observar desde os balcóns como os obreiros non levan máscara nin EPI, e en moitas ocasións non teñen o metro e medio entre eles, o que significa que estes traballadores están en risco, e as súas familias tamén”.

Para o colectivo, a prioridade “debe ser a saúde pública antes que os proxectos e os prazos”.

O pasado 17 de marzo o BNG de Vigo xa demandara ao Concello a suspensión de toda obra pública. “Non ten sentido manter as obras na cidade como se non pasase nada”, explicaba o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas