Vigo volveu mobilizarse por unha sanidade pública

Máis de 2.000 persoas marcharon na cidade contra a privatización, a masificación da atención primaria e os recortes en medios e persoal.

Centos de persoas volveron manifestarse en Vigo en defensa da sanidade pública e uns servizos sanitarios 100% públicos. Máis de 2.000 persoas, segundo cálculos da Policía Local, tomaron parte nesta mobilización, na que se denunciou a masificación de atención primaria na área sanitaria de Vigo, a cronificación das listas de agarda ou o feche de camas, entre outras cuestións.

 

A manifestación, que partiu pasadas as oito da tarde dende Vía Norte e rematou na Porta do Sol coa lectura dun manifesto por unha paciente da sanidade pública. Denunciouse que desde que goberna Núñez Feixóo o orzamento sanitario recortouse 18%, fecháronse 970 camas , e perdéronse 513 prazas de persoal médico e 1.100 de persoal non sanitario. Mentres, afirmábase no manifesto, os únicos beneficiarios desta situación son as empresas privadas, que aumentaron 42% a concertación co Sergas.