Vigo move ficha contra a nova zonificación escolar impulsada pola Xunta “que privilexia a privada”

A proposta da Xunta é rexeitada pola comunidade escolar, que esta sexta feira mobilizarase na cidade.

A zonificación escolar de Vigo proposta pola Xunta non convence. Nin a comunidade escolar, nin a organización sociais nin a partidos políticos (agás o PP). Consideran que beneficia a privada e concertada en detrimento da pública. Non só non garanten a liberdade de elección de centro en igualdade de condicións, denuncian os opositores, senón que ademais non tratan os problemas estruturais que ameazan a continuidade dalgúns centros públicos da cidade (por exemplo o IES de Teis

 

A proposta reduce de 10 a 4 a configuración de áreas e elimina postos de traballo, revertendo na “diminución de prazas no ensino público, aumentando aínda máis a fenda entre o ensino privado e o público”. “Non podemos admitir baixo ningún concepto que alumnado dos centros públicos se vexa privado, nalgúns casos, do dereito a cursar estudos secundarios en centros próximos aos seus domicilios, mentres este dereito se lle garante aos centros concertados”.

 

Por volta de 20 colectivos sindicais, educativos, políticos e veciñais de Vigo entregaron a pasada sexta feira un escrito na delegación da Xunta no que rexeitan a proposta de zonificación escolar remitida pola inspección educativa e solicitan a súa paralización ao entender que tería graves consecuencias para o ensino público vigués. Esta cuarta feira, 17 de xaneiro, delegados da Xunta de Persoal Docente concentráronse diante da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra para rexeitar “a imposición da zonificación escolar de Vigo.

 

A concentración desta sexta feira será un paso máis nesa oposición. Será ás 19:00 horas na Farola de Urzáiz, convocada pola Federación de nais e pais de Vigo e comarca e co apoio de sindicatos (CIG; CUT, STEG, CCOO, UXT), organizacións políticas (Marea, BNG, PSOE…) e diferentes colectivos e entidades.