A videovixilancia contra os incendios nos montes galegos: entre o “caos” e a “improvisación”

CIG-Autonómica denuncia  falta de información e instrucións precisas por parte de Medio Rural

Instalar nos montes galegos un sistema de vidiovixilancia que permita detectar decontado calquer conato de incendio. Esa foi a ‘medida estrela’ que a Xunta anunciou hai meses para combater o lume. Un sistema, aseguraban desde a Xunta, que a través de corenta cámaras de última tecnoloxía cubriría 48% do monte galego.

 

"Estamos ante unha nova utilización de fondos  públicos en abondosas cantidades sen sequera facer a mínima preparación interna na Consellaría para recibir estes  'avances'

 

Porén, CIG-Administración alerta da "improvisación" coa que a Consellaría de Medio Rural está a incorporar ao dispositivo de incendios as novas cámaras de vídeovixilancia, que se están a establecer de xeito non homoxéneo nos diferentes distritos, afirman, e sen informar ao persoal que probablemente será o responsábel do seu manexo e sen achegar instrucións escritas e definidas. "Estamos ante unha nova utilización de fondos  públicos en abondosas cantidades sen sequera facer a mínima preparación interna na Consellaría para recibir estes  'avances'

 

Tal e como recollen os pregos de condicións técnicas da contratación destes dispositivos, explica a central, deberían darse  cursos de nivel teórico e práctico para un correcto manexo destes aparellos, "cousa que a día de hoxe non aconteceu", denuncian desde este sindicato.

 

Hai que lembrar que as cámaras foron adquiridas dentro do programa da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galiza, cofinanciado polos fondos europeos do Feader, e dentro do programa marco de accións do programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.

 

A este respecto, o sector de Autonómica da CIG reclama tamén a recuperación da figura da vixilancia móbil recollida no convenio, e a reapertura de todos os puntos de vixilancia fixa que recolle o Pladiga, así como que estes puntos de vixilancia estean abertos as 24 horas.