VÍDEO | A cheminea de Meirama é derruída tras 40 anos en pé

A icónica cheminea de meirama sendo derruída (Foto: M. Dylan / Europa Press).
A cheminea, de 204 metros de altura, derrubouse tras 40 anos formando parte da paisaxe da zona.

A cheminea da central térmica de Meirama xa é historia após ser derribada na tarde desta cuarta feira nunha explosión controlada.

A cheminea, de 204 metros de altura, derrubouse tras 40 anos formando parte da paisaxe da zona.

Torre de refrixeración

Xa o pasado 21 de decembro levouse a cabo a demolición da torre de refrixeración e os tres silos da central.

A torre que tiña unha altura aproximada de 126 metros foi derrubada após 42 anos en pé.

O que queda de Meirama

Tras esta voadura, de Meirama só queda en pé a caldeira, dando un paso máis cara ao desmantelamento definitivo da que foi nos seus inicios una das maiores plantas de produción de enerxía do país.