VÍDEO | Un xabaril percorre as rúas no medio da noite compostelá

Un xabaril entre as rúas Castrón Douro e Curros Enríquez, en Compostela (Foto: Europa Press).
Un xabaril percorreu na medianoite entre o cuarta feira e a quinta feira o centro da cidade de Compostela, onde foi avistado por diferentes veciños e veciñas por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar.

Segundo relataron veciños e veciñas de Castrón Douro, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas da quinta feira en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono. Seguiu a súa camiñada nocturna por Curros Enríquez e Bernardo Barreiro.

Os bombeiros de Santiago de Compostela explicaron tras o suceso que recibiron chamadas sobre a presenza do animal nas rúas na contorna de Brañas do Sar e a estación intermodal, así como en Bernardo Barreiro.

Finalmente, despois das peripecias do xabaril polas rúas da capital da Galiza, os bombeiros e a Policía Local lograron neutralizar ao porco salvaxe nun garaxe do Hórreo. Posteriormente, o animal foi liberado no monte polos axentes.