A veciñanza alega ao vertedoiro de Ordes co apoio de máis de 7.100 sinaturas

Cartaz contra o vertedoiro de Lesta (Ordes)

A asociación de afectados indica que están redactadas por por especialistas en bioloxía, herpetoloxía, botánica, tramitación ambiental ou urbanismo, entre outras especialidades. Explican que a construción do vertedoiro é contraria aos intereses sanitarios, medioambientais e socioeconómicos de Ordfes

A Asociación de afectados polo vertedoiro de Lesta, Ordes, presentou esta cuarta feira as alegacións contra este proxecto, acompañadas de 7.111 sinaturas contra a construción deste vertedoiro. Tamén se presentaron alegacións por parte de veciños particulares, pola Asociación de Cazadores “A Chimenea” de Lesta, polo BNG de Ordes, e por Amigos da Terra, Federación Ecologista Galega, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Verdegaia.

Nas alegacións, redactadas por especialistas en bioloxía, herpetoloxía, botánica, tramitación ambiental, urbanismo,… argumentan que a construción do vertedoiro é contraria aos intereses sanitarios, medioambientais e socioeconómicos do Concello e da Comarca de Orde.

Entre outras cuestións afirman que a enquisa na que se basea o estudo socioeconómico do EIA (Estudo de impacto ambiental) é, aparentemente, ficticia. “Non se analiza o impacto acumulado coas instalacións de tratamento e vertido de residuos existentes no concello de Cerceda e situadas a uns 250 metros do vertedoiro que se pretende construír”.