A veciñanza de Coia sae ao paso de Abel Caballero farta das acusacións de “violentos”

Protesta en Coia

A parroquia do Cristo da Vitoria súmase á Asemblea Aberta contra “o intento de reprimir á veciñanza” do concello pola súa oposición á “que se dilapiden cartos” instalando o pesqueiro Alfageme nunha rotonda.

 

A Asemblea Aberta de Coia e a parroquia de O Cristo da Vitoria criticaron este sábado ao Concello de Vigo, dirixido por Abel Caballero, por asocialos con actos "violentos" para "tratar de reprimilos".    Con todo, fontes da Asemblea Aberta de Coia, en declaracións á axencia Europa Press, aseguraron que a veciñanza de Coia "non cederá" no seu rexeitamento á instalación do pesqueiro 'Bernardo Alfageme' nunha rotonda do barrrio.

Nesta liña, estas mesmas fontes censuraron a "dilapidación" e a "falta de axudas" do Concello olívico nos "últimos anos", que ten os traballadores sociais "na rúa" e os veciños "empobrecidos".    De feito, sosteñen que houbo "tanta dilapidación" de diñeiro público que a intención de instalar o pesqueiro "chegou ao cumio", o que motivou a oposición de varios colectivos de Coia.

Sobre este rexeitamento, estas mesmas fontes fixeron fincapé en que non se trata dunha "motivación política", senón "social", ao tempo que defenderon que o pesqueiro ten que estar nun "museo" e non nunha rotonda. A seguir, criticaron o rexedor de Vigo, Abel Caballero, por acusar de "marxinais" aos grupos políticos que apoian a oposición destes colectivos de Coia á instalación do barco, entre os que se atopan BNG, Esquerda Unida, Podemos e Anova.

En declaracións a Europa Press, fontes da Asemblea Aberta de Coia aseguraron que os colectivos deste barrio vigués que rexeitan a instalación do barco desenvolven unha "resistencia pacífica". "Non somos violentos", sentenciou, xusto antes de denunciar que tratan de "reprimilos" dicindo que se"meteron" coa policía