Veciñanza advirte que o novo proxecto para a mina de Touro é “social e ambientalmente inviábel”

Contaminación mineira no río Portapego ao seu paso por Touro nunha imaxe de arquivo (Foto: Salvemos Cabanas).
Sinalan que as empresas implicadas acumulan multas e sancións.

Cornado Mina Non considera que o novo proxecto de Cobre San Rafael para a mina de Touro é “social e ambientalmente inviábel”. O colectivo veciñal considera unha auténtica "tomadura de pelo" que as dúas empresas promotoras do plan mineiro, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas falen de satisfacer” a través da súa instrumental Cobre San Rafael as condicións ambientais máis estrictas" cando o seu pasado de actividade, inciden, “está cheo de incumprimentos e sancións administrativa”. 

Afirma esta plataforma que Ayalaya Mining “acumula” expedientes sancionadores, coma o que a Junta de Andalucía lle impuso á mineira en 2016 por graves incumprimentos en materia de seguridade laboral e protección medioambiental por superar o volume de pó en suspensión na carga e o baleirado de estériles nas entulleiras da mina onubense de Riotinto.

Tamén sinalan que Explotaciones Gallegas “acumula expedientes sancionadores. En total, nos últimos anos a mercantil recibiu, de Augas de Galiza até catro expedientes sancionadores que superan os 60.000 euros”.

A veciñanza sinala que a mineira “parece esquecer” que a Administración galega xa se posicionou por dúas veces en contra da reapertura da complexo mineiro afirmando que "non garantía a sostenibilidade ambiental" e a seguridade para a saúde humana e os ecosistemas logo de recibir informes técnicos "desfavorábeis" e "insalvábeis" da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Aguas de Galiza.