Velaluz inicia folga de fame pola “protección real” contra violencia de xénero

Acción de Vela-Luz

A Asociación Velaluz inicia a terza feira día 15 unha folga de fame “por un sistema de protección real de mulleres e nen@ vítimas de violencia de xénero”. Ao pé da Audiencia Provincial da Coruña. 

Ás 00:05 da terza feira día 15 a Asociación Ve-la Luz inicia na Coruña unha folga de fame para reclamar un sistema de protección real de mulleres e nen@s vítimas de violencia de xénero, “que non fomente a submisión, empobrecemento e perpetuación do maltrato”. A asociación protesta desta maneira polos recortes que se están a aplicar nas accións políticas contra a violencia de xénero, desde o salario da liberdade á atención psicolóxica das vítimas. 

Ve-la luz anuncia a folga de fame a través da súa páxina web, na que convocan para terza feira despois de meianoite na rúa Eusebio da Garda da Coruña. A Asociación fundada en 2009 está formada por un grupo de mulleres “na maioría vítimas de violencia de xénero e/ou abusos” que nace co obxectivo de denunciar a situación e a “gran desprotección” das vítimas do terrorismo machista.