Pola liberdade de expresión

Valtonyc e as galegas Ialma versionan ‘Bella Ciao’ con homenaxe a Suso Vaamonde incluída

A popular canción partisana italiana, antada agora en catalán, galego e italiano,  convértese nun alegato a favor da liberdade de expresión e pensamento, chiscadela a Silvio Rodríguez incluída. VÍDEO NO INTERIOR

‘Bella Ciao’, a coñecida canción partisana italiana, tivo múltiples versións en todos os estilos posíbeis, desde a canción de autor ao folck celta, do reggae ao punk. O tema vén de ter agora unha nova lectura, especial por quen a fai e as circunstancias en que se fai: desde o seu exilio en Bruxelas, o rapeiro Valtonyc grava ‘Bella Ciao’ para defender a liberdade de expresión e contra a represión. E non o fai so: canda el, diferentes músicos e intérpretes da escena belga, entre elas ‘Ialma’, o grupo galego-belga que desde o 2000 leva espallando música galega por toda Europa.

 

“Por Suso Vaamonde”, comeza dicindo Valtony no vídeo, rendendo así homenaxe ao cantautor galego que hai 38 anos tivera que exiliarse pola letra dunha canción. A partir de aí, e co fondo de ‘Bella Ciao’ cantando por Ialma, rapea o mallorquín en catalán. Retrousos en galego na voz de Ialma: “E a xente / que vai pasando /Ouh Bella Ciao / dirame “que bela flor!”, ou “Esa flor é dun namorado / amante da liberdade”. A canción liga entón co fraseo en castelán que recolle a letra do ‘Ojalá’ do cubano de Silvio Rodríguez. A versión fíxose viral en internet, con miles de visitas en poucas horas.