A Valedora ve “desatención” do Estado a respecto da prohibición do acceso de menores a touradas

Faixa antitaurina nun touro de Osborne.

O órgano arquiva unha queixa a este respecto mais informará ao seu homólogo estatal.

A Valedora do Pobo arquivou a queixa presentada pola Fundación Franz Weber sobre a presenza de menores de idade na microfeira taurina de Pontevedra e a promoción de abonos rebaixados que a organización realizou desde os 13 anos de idade, acordando o seu envío ao Defensor do Pobo español, xa que ve "desatención" por parte do Estado.

Segundo explica a propia fundación nun comunicado, o informe remitido á Valedora lembra as observacións finais do Comité dos Dereitos do Neno e Nena realizadas ao Estado español en 2018, instándoo a que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia, como parte de prácticas nocivas e violentas en contra dos nenos e nenas".

A institución avanza á ONG  que, antes ao arquivo da queixa, trasladará o informe ao seu homólogo estatal "seguindo a prescrición da recomendación de Nacións Unidas de que sexa o Estado parte o que inicie as prohibicións" contempladas nestas observacións, non sen antes advertir de que "parece clara a desatención por parte do Estado" desta advertencia do Comité.

Lembran ademais que a Lei de Espectáculos Públicos inclúe unha prohibición de acceso a persoas menores de idade mais só impide a súa presenza até os 12 anos.

O informe remitido á Valedora lembra as observacións do Comité dos Dereitos do Neno e Nena realizadas ao Estado español en 2018, instándoo a que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia".

Así, os promotores das corridas de touros de Pontevedra anunciaron entradas a prezo reducido desde os 13, tratando de incentivar que estes mozos e mozas puidesen contemplar a tortura en directo de animais", conclúen.

Rexeitamento

dCoincidindo coa primeira xornada de touradas en Pontevedra, a mediados do ems de agosto, varios centos de persoas manifestáronse no centro da cidade para pediren a “abolición”. Lembraron que tras os máis de 10 anos que Touradas Fóra de Pontevedra leva mobilizándose contra as corridas de touros, “aumentaron a concienciación, o traballo e a participación” nestas protestas.