Valdeorras mobilízase por un servizos ferroviarios dignos

Caravana reivindicativa polo centro da Rúa. (Foto: periódico O Sil)
Unha caravana de coches reivindicativa percorreu a estrada que une o Barco e A Rúa para reclamar o reposición do despacho de billetes cancelado por Renfe esta semana.

Desde o primeiro de outubro non se poden adquirir no despacho de billetes os tíckets para subir ao tren nas estacións do Barco e a A Rúa-Petín, na comarca de Valdeorras. Adif suspendeu o servizo de venda presencial, un xesto que reforza a supresión dos servizos ferroviarios na comarca e que este domingo mobilizou a veciñanza dos distintos concellos.

Dutante un século estas estacións durante foron elemento dinamizador, mais hoxe só contan cunha máquina expendedora para uns trens que xa non circulan.

Convocada pola CIG e o BNG, particulares e representantes de entidades sociais, empresariais e das Administracións locais participaron nunha caravana de coches reivindicativa para que se restabelezan os servizos fechados.

Desde que tiveron coñecemento da clausura, o BNG de Valdeorras manifestou o seu rexeitamento a  a unha decisión que fai efectiva "unha morte anunciada case con nocturnidade e aleivosía", xa que o colectivo de traballadoras e traballadores do servizo recibiu o aviso do fechamento só un día antes.

Ademias, para os nacionalistas, esta resolución "atenta directamente contra a supervivencia dunha comarca que debe boa parte do seu desenvolvemento económico á presenza do ferrocarril". 

Abandono

O BNG vén denunciando a cancelación paulatina de frecuencias de comunicación con Ourense, co resto de cidades galegas e do Estado, unha política recorrente durante os últimos 15 anos que desaproba e urxe corrixir. 

Neste sentido xa presentou senllas iniciativas no Parlamento da Galiza e no Congreso dos Deputados para que a Xunta inste a Fomento e o Ministerio estatal reconsidere o abandono no que deixa a comarca de Valdeorras.

Servizos ferroviarios de calidade

Á reivindicacións políticas sumáronse hoxe ás da veciñanza. Ducias de coches particulares marcharon desde o Barco até A Rúa, onde deron lectura a un manifesto no que volveron reclamar o dereito da comarca de Valdeorras a contar cuns servizos ferroviarios de calidade

Despois de anos sucesivos de recortes e privatizacións dos servizos ferroviarios "esta semana Adif agasallounos cunha labazada definitiva: non renovar o servizo de venda directa, o que supón o peche definitivo dunhas estacións que durante un século foron elemento dinamizador e que hoxe só contan cunha máquina expendedora para uns trens que xa non circulan", salientaron no remate do traxecto.