Oito usuarios infectados nunha residencia de anciáns de Culleredo

Imaxe de arquivo de instalacións dunha residencia.

Oito usuarios da residencia de anciáns Orpea de Culleredo, comarca da Coruña, deron positivo nas probas da Covid-19, despois de detectárselle o sábado o virus a unha traballadora do centro.

Segundo informou en rolda de prensa o director xeral de Maiores, Ildefonso de la Campa, o módulo, con 36 residentes, quedou illado desde este domingo e, após coñecerse o brote, fíxose o cribado a todos os usuarios e profesionais.

Con datos da Xunta actualizados a última hora da noite do domingo, de acordo coa información trasladada polos centros residenciais, ademais deste oito anciáns infectados en Culleredo, hai catro traballadores afectados pola Covid-19, un na propia residencia Orpea, outro de San Bartolomeu en Xove, outro de Paradela e outro da DomusVi Barra de Miño en Coles.