Usuarias denuncian o despedimento de 2 radiólogos do CHUS, servizo con 6.144 pacientes en lista de espera

Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o que cualifica como “unha decisión ilóxica e antisocial que lesiona o dereito á atención sanitaria”.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo hospitalario universitario de Santiago, CHUS denuncia o despedimento en xuño  de dous radiólogos do Hospital clínico compostelán, CHUS, “a pesar de contar con 6.144 pacientes en lista de espera para a primeira proba radiolóxic”a, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Sergas, “e con miles de pacientes agardando para a segunda e sucesivas probas”.

O despedimento deste persoal sanitario, afirma este colectivo,  vai ter consecuencias directas no aumento dos tempos de espera dos pacientes pendentes dunha proba radiolóxica e vai suponer, ademáis, “unha demora na elaboración dos informes que son imprescindíbeis para poder emitir un diagnóstico e comezar o correspondente tratamento”.

A asociación augura que deixarán de facerse “miles de estudos radiolóxicos ao ano”. De igual maneira, prosegue nun comunicado, vai afectar ao seguimento dos pacientes con doenzas graves e invalidantes que precisan un control periódico da evolución do seu estado de saúde.

O despedimento deste persoal sanitario, afirma este colectivo,  vai ter consecuencias directas no aumento dos tempos de espera dos pacientes pendentes dunha proba radiolóxica

“Non resulta tolerábel que mentres miles de persoas, en virtude dun criterio médico, demandan a realización de probas diagnósticas esenciais, os responsábeis sanitarios manteñan salas de raios pechadas, que estarían abertas e en funcionamento de non se producir estes despedimentos”.

“A decisión resulta aínda máis inaceptable desde o punto de vista do interese xeral, pois continúanse solicitando de continuo estudos á sanidade privada nun alarde claro de precarizar servizos de titularidade pública en favor dos operadores económicos privados”, sosteñen.

"Prescindir nestas circunstancias de dous profesionais sanitarios especializados nunha área esencial para garantir os procesos de curación das persoas enfermas só pode ser cualificada como. Volve primar o aforro mal entendido por riba da atención digna dos pacientes.