A USC afronta acusacións de sexismo por unha imaxe nunha campaña promocional

Imaxe da campaña que provocou a polémica (Foto: EP).

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidiu retirar unha imaxe que forma parte dunha campaña para animar á mocidade a unirse á institución e a fomentar a matriculación na educación superior, logo das queixas rexistradas en redes sociais por considerala "sexista".

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidiu retirar unha imaxe que forma parte dunha campaña para animar á mocidade a unirse á institución e a fomentar a matriculación na educación superior, tras algunhas queixas rexistradas en redes sociais por considerala sexista.

En concreto, trátase dunha fotograma que forma parte dunha composición de vídeo, que recrea unha coreografía por diferentes espazos universitarios, no que se ve a unha moza sobre unha mesa nunha das bibliotecas da institución, concretamente na de Historia.

O problema xurdiu cando varios usuarios viron o anuncio da campaña con esa imaxe separada de toda a composición, o que derivou en queixas a través das redes sociais. Entre elas, a socialista e ex secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, que censurou o cartel "brutalmente sexista".

A institución reaccionou case de inmediato para aclarar a situación, que achacou a unha fotograma en particular dunha composición de vídeo coreografiada malinterpretado ao verse fóra de contexto.

"Nada máis lonxe da nosa intención que facer unha utilización sexista. Lamentamos que poida xerar a máis mínima dúbida neste sentido. Esta composición forma parte dun vídeo que recrea unha coreografía por espazos universitarios. Retirarémola de inmediato", indicaron a través de Twitter.