USC activa o protocolo contra o acoso sexual após varias denuncias de estudantes de Políticas

Estudante nunha foto de arquivo (Foto: Santi Alvite, USC).

Organizacións estudantís denuncian un estudante de Erasmus por acoso  a varias alumnas da Facultade compostelán.

A Universidade de Santiago de Compostela activou o protocolo contra o acosos sexual despois de recibir denuncias de situacións de acoso por parte dun alumno de Erasmus a varias rapazas da Facultade de Ciencias Políticas da USC.

As organizacións estudiantís Urxe! E Xuntas por Políticas convocaron para esta quinta feira 25-N sentadas na Facultade de Políticas para denunciar e visibilizar esta situación.

“Como consecuencia aos casos de abuso por cuestión de xénero que recentemente se deron e están a dar na USC a “e especialmente no seo da nosa facultade, convocamos unha sentada”, indican na convocatoria. As reivindicacións: a “seguridade e comodidade de todas as alumnas na aula”, “manifestarnos contra a impunidade en que actúan estas persoas” e “que a USC sexa un espazo seguro”.

As organizacións estudiantís Urxe! E Xuntas por Políticas convocaron para esta quinta feira 25-N sentadas na Facultade de Políticas para denunciar e visibilizar esta situación.

As denuncias sobre situacións de acoso refírense a un estudante de Erasmus e céntranse tanto no contido como reiterada persistencia de mensaxes cara a alumnas. Mesmo deixando recados nas habitacións da residencia destas estudantes.

Activouse unha recollida de sinaturas para denunciar a situación, que mesmo tería chegado ao seguimento de alumnas pior parte dese estudante.

En decembro de 2020 a USC impulsaba unha campaña para lle dar visibilidade ao protocolo da USC contra o acoso. Naquela altura, un estudo  concluía que só un 11,3% do alumnado, o 27,1% do PDI e o 23,2% do PAS é coñecedor deste documento que entrou en vigor en 2017