Propoñen a utilización da app EduCovid

Urxen dotar os colexios de materiais de protección fronte á Covid-19

Imaxe de arquivo dunha mobilización da CIG.
O sindicato CIG-Ensino exixe á Xunta que forneza os centros educativos de material suficiente de protección e alerta da necesidade dun Plan de actuación que conte cunha avaliación de riscos de cada centro.

A CIG denuncia que pese a ter solicitado por escrito no mes de xuño que se dotase os colexios de material protector e que se idease un Plan de actuación "nada se fixo". 

Agora, un escrito remitido ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o sindicato vén de manifestarlle a preocupación "desde a perspectiva da protección fronte á Covid-19, sen pensar en ratios nin aulas burbulla nin nos problemas que se poidan derivar dunha deficiente hixiene e deinfección".

Motivados, din, "pola negativa a incrementar o persoal de limpeza, entre outros, todo o referido á dotación de material de protección axeitado e ao correcto seguimento dos contaxios". 

Desde o sindicato lémbraselle ao conselleiro a obriga que "toda empresa ten de dotar todo o persoal do centro de máscaras ou calquera outro EPI (Equipamento de Protección Individual) necesario" e, engaden, "non só inicialmente como se está a facer, aínda que con retraso, senón en todo momento".

Así o vén de indicar novamente a Inspección de Traballo en respossta a unha denuncia da CIG nas escolas infantís do Consorcio Galego e da Xunta.