A urbanización da costa galega aumentou en 45% nestes 25 anos

Apenas 5% do litoral de Galiza ten algún tipo de protección. É unha porcentaxe moi inferior á media española, que é de 27%. Pontevedra e Lugo, entre as que menos porcentaxe de litoral protexido teñen.

Galiza é, após Canarias, o territorio do estado español con máis quilómetros de costa, case 1.500 quilómetros, equivalente á distancia por estrada que hai entre Santiago de Compostela e París (Francia). Esa lonxitude vai acompañada de ser un litoral moi rico en diversidade, en flora, fauna... Porén, apenas temos protexidos 5,6% dos hábitat costeiros, unha porcentaxe moi inferior á española, que ten 27%.

 

De feito, a provincia de Pontevedra é a que menos litoral ten amparada por algunha figura legal, 3,1% (unhas 4.300 hectáreas), sendo Lugo a terceira nesa clasificación, con só 3,3% de protección, o que supón 2.370 hectáreas. A Coruña mellora a porcentaxe, con 9,1% da superficie de litoral protexida, o que equival a máis de 29.000 Has.

 

Son datos do informe de Greenpeace ‘Destrucción a toda costa 2017’, que presentou a comezos de verán. Documento que recolle diferentes dados para a reflexión. Como o feito de que nestes últimos 24 anos a costa galega sufrise un importante nivel de artificialización, coa destrución de litoral virxe que iso implica.

 

A urbanización aumentou en 45% neste último cuarto de século. Greenpeace tamén pousa a mirada no que cualifica de ‘elefantes brancos’, infraestruturas de gran impacto e escasa rendabilidade, entre as que cita en Galiza Ence en Pontevedra ou o porto de punta Langosteira na Coruña. A provincia de Pontevedra é a quinta de todo o Estado español que ten